Domingo, 5 de Setembro de 2010

O proxecto


IGAPE, BIC GALICIA e XES GALICIA constitúense como socios promotores da Rede Mentoring, Rede Galega de Empresarios Mentores.

A Rede Mentoring é unha rede de apoio. Unha rede de confianza e estímulo formada por:

  • Profesionais expertos, líderes en xestión, que teñen demostrado sobradamente a súa capacidade directiva.
  • Empresas en proceso de crecemento e consolidación, cunha necesidade estratéxica concreta, que busca unha opinión externa, cualificada, altruista e confidencial.
  • Unha unidade de xestión independiente xestionada por BIC GALICIA, que pon en contacto a cada empresa co mentor que máis se axusta as súas necesidades específicas.
    • Unha rede basada na solidariedade e a lealtade, no compromiso coa comunidade e coa honradez.