O mentoring ten diversas acepcións, entre as que destacan as que seguen:
- Mentoring é o ofrecemento de consellos, información ou guía que fai unha persoa que ten experiencia e habilidades en beneficio do desenvolvemento persoal e profesional doutra persoa. HARVARD BUSINESS ESSENTIALS “ Coaching y Mentoring”.
- O Mentoring consiste en desenvolver, coidar, compartir e axudar nunha relación na que unha persoa inviste tempo, know-how e esforzo en potenciar o desenvolvemento doutra persoa, no ámbito dos coñecementos e as habilidades, e dar respostas a necesidades críticas da vida de esa persoa en direccións que preparan o individuo para unha produtividade maior ou un éxito no futuro Gordon F. Shea. “ Mentoring: Helping Employees Reach Their Full Potencial, 1994, 13).
- O Mentoring consegue o desenvolvemento da potencia interior dos individuos que proveñen dos comportamentos baseados en valores, a axilidade mental e a creatividade xunto cunha excelente xestión do coñecemento, a asunción de riscos, a capacidade de resolución de problemas, a paixón polos resultados da actividade empresarial e a capacidade para crear equipos. Jose Miguel Martínez Urquijo, ex directivo de Iberdrola e participante como Mentor no Programa de Mentoring de la Universidade de Deusto.
- O Mentoring, é unha técnica complexa, que crea toda unha filosofía, e que basicamente consiste en que unha persoa (MENTOR) transfire a outra, os seus coñecementos e experiencias nunha materia ou tema determinado. Juan Francisco Salas Romero, Ingeniero, Diplomado en Planificación e Administración de Empresas da Universidade Politécnica de Madrid.
O mentoring debe o seu nome á mitoloxía grega. Méntor era o amigo íntimo de Ulises. Antes de partir para Troia, Ulises pediu a Méntor que se encargara de preparar o seu xoven fillo Telémaco para sucedelo como rei de Itaca. Méntor tivo que exercer de pai, mestre, modelo, conselleiro accesible e fiable, inspirador e estimulador de retos, de xeito que Telémaco se convertera nun rei sabio, bo e prudente.
Podemos de maneira máis clara e sinxela, definir o mentoring como o proceso mediante o cal algún membro dunha empresa con máis experiencia (o mentor) ensina, aconsella,guía e axuda a outra (o mentorizado) no seu desenvolvemento invirtindo tempo, enerxía e coñecementos.
O mentoring como elemento diferenciador caracterízase porque:
- É unha relación personalizada, un a un no sentido literal da expresión.
- Está dirixida polo mentorizado, que se responsabiliza e xestiona o seu proceso de evolución empresarial e vai definindo a evolución das súas necesidades. Noutros procesos tradicionais, o guión está definido e os contidos oriéntanse ao “por se acaso se precisan". Non é así no mentoring. Por un lado, o xestiónao o mentorizado, no sentido de que marca a evolución empresarial, non hai guión establecido, aínda que os obxectivos principais estean fixados a priori, e sexa preciso cinguirse a eles o máis posible.
- O mentor inviste o seu tempo, comparte os seus coñecementos e adica o seu esforzo. Ocupáse e preocúpase, é dicir, comprométese persoalmente a que o desenvolvemento empresarial vaia máis aló.
- O empresario ou directivo dispón de novas perspectivas, enriquece a súa forma de pensar e desenvolve todo o seu potencial como persoa e como profesional. Para isto o mentor:
- Escoita atentamente para tratar de entender as preocupacións e os problemas actuais ou inquietudes de futuro do mentorizado, e;
- Coa súa experiencia acumulada, estimula, dá ideas, axuda na súa andadura empresarial ao mentorizado.
- Séntese responsable da situación, que é máis que ser responsable da situación.
- Toma as accións pertinentes que lle sirvan á empresa da que se trate para mellorar.