Domingo, 5 de Setembro de 2010

Quen pode ser mentor/a

Os mentores serán empresarios que se distinguen por ter un coñecemento profundo da dirección estratéxica e xestión operativa de empresas e, polo tanto, das dificultades previsibles tanto na fase de crecemento como de consolidación e crecemento dunha empresa, coñecemento que é transferido a outros empresarios cunha menor experiencia na dirección e xestión de empresas.
Durante o desenvolvemento do proceso personalizado, os mentores reflicten uns valores a través das súas actuacións, xestos, actitudes de escoita, cuestións, diálogo, en resumo, dos seus comportamentos.

Son profesionais que pasaron polos distintos chanzóns de dirección, con éxitos no traballo en equipo e na conta de resultados. Móveos o desexo de compartir e unha vocación, que se manifesta en que o proceso de aprendizaxe do mentorizado sexa máis curto e acadar así, para a empresa e a sociedade, profesionais cun alto potencial de liderado a unha idade máis temperá.

É importante destacar que o mentor no ten por que ser maior en idade que os membros da empresa mentorizada, simplemente ten que posuír máis experiencia no eido no que se require a mentorizaxe (coñecemento dun novo mercado, desenvolvemento dun novo produto etc.).