Domingo, 5 de Setembro de 2010

O seu proxecto

Dous serán os perfís empresariais que se atoparán englobados nesta Rede de mentores desde o punto de vista de destinatarios da iniciativa:

  • Empresas en fase de mantemento e consolidación.
  • Empresas que superaron esta fase de consolidación e están a buscar plans de crecemento.
A característica común que deberán ter todas as empresas para a súa incorporación á Rede é a de afrontar unha aposta estratéxica, que determinará o futuro da empresa nos próximos anos.

É necesario que as empresas acudan con proxectos que deberían reunir as seguintes características:
  • Ser propostas de crecemento para a empresa.
  • Supor unha proposta estratéxica.
  • Poder sintetizarse dun xeito sinxelo no formulario de adhesión das empresas.
  • Contar cunha proposta concreta e claramente definida, na que tanto mentor como empresa sexan conscientes do alcance do proceso de mentorizaxe.
  • O asesoramento do mentor non será sobre aspectos operativos do proxecto senón que tratará sempre de aspectos estratéxicos para a empresa e, sobre todo, da coherencia da proposta coa política da empresa.