O BIC Galicia constitúese como un dos socios do proxecto Mentoring. Trátase dunha entidade participada maioritariamente no seu accionariado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) pertencente á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
O obxectivo principal do BIC Galicia é proporcionar dentro da comunidade galega actividades e servicios que melloren a presenza e creación de empresas a nivel galego, poñendo en marcha un mecanismo activo e permanente de detección e selección de emprendedores e de proxectos, para poder ofrecer unha gama completa de servizos para a creación e diversificación empresarial, baseado nas novas iniciativas empresariais e industriais sobre os elementos de innovación que permitan mellorar a competitividade do empresariado galego.
Deste xeito BIC Galicia propón a posta en marcha do denominado Plan Mentoring, que se basea na posta en marcha e seguimento dunha Rede Galega de Empresarios Mentores (Rede).